The Notorious Byrd Brothers

The Notorious Byrd Brothers
Álbum de The Byrds
Publicado15 de xaneiro de 1968
Gravaciónxuño - decembro de 1967
Estudio(s)Columbia Studios, Hollywood
Duración28:28
Xénero(s)rock psicodélico, folk rock, baroque pop, country rock
Selo(s)Columbia Records
Producido porGary Usher
Cronoloxía
The Byrds' Greatest Hits The Notorious Byrd Brothers Sweetheart of the Rodeo

The Notorious Byrd Brothers é o quinto álbum da banda estadounidense de rock The Byrds, publicado o 15 de xaneiro de 1968 a través do selo Columbia Records. Musicalmente representa o cumio da experimentación psicodélica de The Byrds, onde a banda mesturou elementos de folk rock, rock psicodélico, country, música electrónica, baroque pop e jazz en moitas cancións. Destes estilos dispares, as sutís influencias do country and western son evidentes en varias cancións, apuntando cara a unha dirección country rock que o grupo perseguiría no seu seguinte traballo. Ademais, en The Notorious Byrd Brothers a banda e o produtor Gary Usher usaron un bo número de efectos de estudio e técnicas de produción, como phasing, flanging, e paneado espacial. The Byrds tamén introduciron o son da pedal steel guitar e o sintetizador modular Moog na súa música por vez primeira neste álbum, sendo un dos primeiros disco onte aparace o Moog.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy